Algo melhor ven cando algo fuxe cando ti esvaras líquido entre os meus dedos remuínho escuro de desexos, face luminosa espero, chega de novo a harmonía canta o vento na serra ao lonxe, pinga no musgo sombriço, murmurio ouvido no teu alento, chegas, porta aberta do mundo, doutra galaxia aterras! Chegas doutra maneira, non sinto teu chegar mais sei que chegas certa, coma un morno vento te anuncias, aínda non deches chegado mais todo de ti está cheo, de ti a gargallada estrala, de ti a conxunción se anuncia o tempo parado semelha, retrocede, encolhe, a parábola do tempo novo, emerxe, entras polo meu chakra cenital, baixas pola trenza da garganta, instalada quedas no meu corazón Anahata, sentes o poder neuronal do estómago, Svadhisthana e te fundes en orgasmo intenso co meu pene. Chegaches! Benito Eladio Rodríguez Fernández
