fbpx

NUN UNIVERSO PERFEITO ESTOU

Sabido é
que formo parte da exacta ecuación
da dinámica do Universo,
onde todo acontece e se manifesta con precisión,
o movemento lento dos penedos
unha bágoa a esbarar da túa meninha
dos teus olhos que remelan nun orgasmo,
o lustrigo que rasga o ar e racha  o carbalho,
a misión material do dominio económico
a conformar masas dóciles e submisas.

Tudo perfeito e exacto!
Cando o grolo do tinto vinho
quenta e pasa á gorxa
cara o seu tránsito a un cantar
modifico as variáveis universais,
aí estou eu, meu ego.

De facto, tudo se modifica nas estrelas
e se axusta a unha nova realidade ilusoria
que transcende e reequilibra de maneira dinámica;
eu son o actor, non o espectador.
No Tantra imanente  onde moraremos
agardo a túa chegada inexorável!
                                       
Benito Eladio Rodríguez Fernández 13/06/2021.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Abrir chat
1
¿Te puedo ayudar en algo?
Muy buenas compañer@ amante de los vinos auténticos.
¿En qué puedo ayudarte?