fbpx

FACER TEMPO

Facer tempo!
Quero desfacer o tempo,
perder o tempo
o tempo que, ao deber, me ancora,
o tempo dos trabutos e as obrigas
que o meu tempo aferrolhan.

Agora deveço un tempo sen tempo,
devagar cara os cais das barcas de pedra,
das liviáns barcas,
dende a Punta da Barca,
de pedra ligeira coma o vento
a vogar, o vento de popa,
a vela cheia, liberadora,
andar á vela polo mar abaixo,
enchido o peito vela branca
de espelma branco  que exaculo
azul cara o horizonte de esperma
cara as Ilhas Atlánticas que me esperan!
                                                            
Benito Eladio Rodríguez Fernández 26/07/2021

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Abrir chat
1
¿Te puedo ayudar en algo?
Muy buenas compañer@ amante de los vinos auténticos.
¿En qué puedo ayudarte?