Non destróis o que ti constróis aparte, destróis o que eu vou construíndo para ti! Levo deseñado paisaxes máxicas, oníricas, onde ti dançar, Moura! Xardíns sombrizos ,estanques, nenúfares nas doces augas entregadas ao mar. Ti voando libélula riba de flor branca, “egua do demo”, azul, verde, daltónica.... Non paro de facer para che mostrar, agora ando nun xeito de desvarío, alucinación, desacerto constante, semella ser que non te atrae, non logro acoplar ,copular, resonancias moito tempo desexadas, arroladas, levedadas no meu mosto, maduradas na miña viña antiga, vella, de intensa cor nos meus beizos para os teus. Persistencias para convencer vencidos ambos, entregados, facer hei, terei, novas construcións, gaiola douro non, que te quero libre, ou bicar túa lingua bífida de serpe para entrar na túa mámoa engalanada? Benito Eladio Rodríguez Fernández 16/12/19
