fbpx

A un ano da aterraxe da «Cona do virus»

Se o tempo non descarnara  á mente evoluída en rebaño,
polo medo dominada, polo marketing  desenhada, 
encarcerada;
polo poder protector, sancionador, humilhante e corrompido,
que nos somete, reduce e aniquila,
a apocalipse final chegaría sen remedio,
mais a mente clarividente, serena e sosegada,
só ela está capacitada para vogar polo mar en temporal,
por riba do barulho, balbordo, bruído informático 
que nos afoga e abouxa.

Qué está a acontecer!
Procuremos a verdade
ela sempre chega cando se esvaece o medo
e olhamos un ceo límpido e azuído
a lúa chea a brilhar sobor da ría,
o sonoro mantra da auga nunha fervenza.....

Esiximos, a quen corresponda, 
os números claros
os datos estatísticos precisos,
a mortandade relativa anual por doenzas,
por países, por rexións,
a inmunidade adquirida post “Cona do Virus”,

Que está a pasar noutros países?
Na china, na Suecia, na Rusia,
os chinesses eliminaron a peste?
É milhor protexer aos hopitais?
que a xente morra no seu fogar
de maneira anónima, sen facer ruído,
sen crear alarma ou pánico no sistema sanitario?

A mortandade que se vai a producir
pola ruína das persoas,familias,
empresas e do propio Estado,
vai ser superior ou inferior a producida polo virus?

Hai que estar á espera das vacinas américanas,
cando xa había outras disponíveis fai oito meses?

Porqué non chegan as vacinas!
Qué se oculta tras deste inmenso negocio?

Reclamamos información clara e precisa,
neste balbordo inentiligível e fomentador do medo,
ferramenta para someter e dominar!

                                           Benito Eladio Rodríguez Fernández 31/01/2021

TETA CON PAISAXE!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Abrir chat
1
¿Te puedo ayudar en algo?
Muy buenas compañer@ amante de los vinos auténticos.
¿En qué puedo ayudarte?